Casarellos
Casarellos
Casarellos
Casarellos

Benvido ao noso establecemento Casa Casarellos. Confortable Casa de Aldea, situada na comarca de CARBALLINO,a 500m do camiño de Santiago, ruta Vía de la plata. Ourense.

O conxunto de construcións en pedra ou arquitectura tradicional que ofrece a zona recrea o máis suxestivo ambiente da sociedade rural galega (casa principal, casas secundarias, forno e hórreo con máis de 100 anos de antigüidade). A súa situación, no mesmo corazón de Galicia (áchase equidistante dos puntos de maior interese da comunidade) convérteo no lugar ideal para as súas vacacións e descanso.

CASA CASARELLOS ten capacidade para 18 persoas. Dispón de 8 habitacións dobres con baño e TV totalmente equipadas para a súa comodidade e descanso. Sinalar a esmerada decoración de cada unha delas. Tamén temos berces e 2 camas supletorias que se achan a disposición dos hóspedes que as necesiten para cubrir as súas necesidades de aloxamento.

A nosa casa está emprazada en Piñor, nas inmediacións do Mosteiro Cisterciense de Oseira do século XII-XIII. Ademais pódense visitar outros centros de interese: -Santuario da Magdalena, restos do mosteiro de Lobás e Dozón. -Monte Faro a 20 km (propio para practicar parapente). -Castro de San Cibrao de Lás. -Ribeira Sacra, cos seus mosteiros, Canón do Sil, catamarán, etc. -Balnearios. -Cea, Rivadavia, Allaríz

En CASA CASARELLOS poderá gozar das seguintes instalacións:

 

Xardín-terraza, Parking exterior, Zonas verdes, WC con barras de apoio, WC unisex accesible, Piscina accesible para minusválidos, Solarium, Tumbonas ou mobles de xardín, Biblioteca, Salón social.

Cicloturismo, rutas en bicicleta
Equitación
Golf - mini golf
Observatorios da natureza
Pesca
Sendeirismo

Calle Lugar Casarellos, 1
CASARELLOS 32138 - Ourense (ES)
Telf | +(34) 988 403 222 - 600 561 204 | reservascasarellos@gmail.com
Nº de Registro de Actividades Turísticas (R.E.A.T.): 239
aviso legal | condicións de uso